Os remito la información que me ha facilitado la dirección acerca del procedimiento de convalidación de módulos. La fecha límite para entrega de documentación es el día 5 de octubre:
Procedemento de validacións de módulos profesionais.
1. As solicitudes de validación de estudos cursados, ou por acreditación de unidades
de competencia, con módulos profesionais dos ciclos formativos, requiren a matriculación
previa do alumnado para continuar estudos nun centro docente autorizado para impartir
estas ensinanzas, e presentaranse perante a dirección do centro educativo dentro dos
primeiros vinte días contados desde o comezo das clases. No caso de centros privados
ou públicos non dependentes da consellería con competencias en materia de educación,
a dirección dará traslado das solicitudes ao centro público a que estea adscrito, no prazo
de cinco días hábiles.
Antes do día 5 de decembro de cada ano, a dirección do centro público deberá resolver
ou, de ser o caso, remitir ao órgano competente as solicitudes de validacións.
2. A solicitude de validación de módulos profesionais formalizarase no modelo de instancia establecido para tal efecto no anexo XIV desta orde, e xuntaráselle unha fotocopia
compulsada do DNI do alumno ou a alumna, e da certificación académica oficial dos estudos cursados ou, se for o caso, do certificado de profesionalidade elaborado a partir do
Catálogo nacional de cualificacións profesionais ou da acreditación parcial de unidades de
competencia. A presentación da fotocopia do DNI ou NIE non será necesaria en caso de
que a persoa solicitante autorice a consulta de datos no Sistema de Verificación de Datos
de Identidade do Ministerio da Presidencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario